martes, 4 de mayo de 2010

SANTA MARTA

A ponte de Pontearnelas
ten unha capela á par,
i é a virxe Santa Marta
patroa do seu altar.
O vintenove de xullo
os labregos van rezar,
para que lles cure a xordeira
ós máis xordos do lugar.
Logo van comelo polbo
á beira do río Umia,
i entre cantos e aturuxos
esquecen as suas penurias.
Á tarde cun pau de toxo
escaravellan os ouídos,
e a virxe, xenerosa,
dalle remedio ós seus fillos.
Os rapaces dos labregos
brincan de ledicia e gozo,
cando se ven nesta festa
das vésperas do mes de agosto.
Acolá toca unha gaita
ca compaña dun pandeiro,
alí canta unha rapaza
a máis bela do rueiro.
As mozas saltan bailando
ó compás da muiñeira,
cos pes descalzos ná area,
sobre á area da ribeira.
As vellas comen rosquillas
sentadas ó pe do río
i ós rapaces van ós fogos
correndo por entro millo.


Miña santiña da Ponte,
rexoubeira dos pequenos,
namoradeira dos mozos
e alegradeira dos vellos;
non nos deixes quedar soios,
non nos vaias a marchar,
que se ti nos deixas, nos,
moito imos a chorar.

......-----......

No hay comentarios:

Publicar un comentario