domingo, 2 de mayo de 2010

ADEUS TERRA MIÑA

Eu márchome polo mundo
a terra que nunca habitei,
por ela deixo a casiña
lugar donde me criéi.
Adeus aldea querida,
quinteiriño do lugar,
donde pasei moitos anos
para agora ter que deixar.

Adeus naiciña querida
que tanto sofres por min,
e por moito queu che queira,
qéresme mais ti a min.
Adeus paiciño abnegado
que aflixido por min quedas,
as bágoas dos teus ollos
aumentan as miñas penas.
Adeus digo á rapaciña
que o seu amor me brindou,
e puxo o seu corazón
naquel beixo que me deu.

Adeus fontiña da eira,
adeus muiño a moer,
lembranzas da miña infancia
que xamais podo esquecer.
Adeus tamen digo a ti,
paxariño verderol,
que me cantas ás mañás
na saidiña do Sol.

Por moitos cartos que gañe
nese mundo ó que vou,
nunca me compensarán
estes bens que Deus me deu.
Terriña que non coñezo,
ampárame por favor,
porque son un desgraciado
que deixo a quen me criou.
E agora voume daquí,
xa non podo mais chorar,
¡Adeus miña nai querida!
Algún día ei de voltar.

......------......

No hay comentarios:

Publicar un comentario