viernes, 7 de mayo de 2010

BOGANDO

Vou pola ría de Arousa
nunha barquiña remeira,
bogando moi paseniño
baixo o Sol de primavera.
Saio de Vilagarcía,
paso por Vilaxoán,
poño proa rumbo á illa,
parroquia de San Xián.
Alá queda Vilanova
recostada sobre o mar,
e os piñeiros da ribeira
andan na auga a nadar.

O mar e prata fundida,
as praíñas ouro puro,
disimuladas debaixo
do arboredo verde escuro.

Perdidos alá no ceo
uns farrapos de algodón:
son as gaivotas voando
sobre a praia do Terrón.

Mociña arousá agarda por min,
fai tanto tempiño que eu non te vin,
que eu non te vin e quérote ver,
para que sexas pronto a miña muller.

Baixo ó Sol agarimoso
sigo bogando amodiño,
e a brisiña mareira
arrecende ao albariño;
ao albariño arrecende
de reflexiños dourados,
porque sen apercibirme
estou chegando a Cambados.
Cambados guapas mulleres,
Fefiñáns saborosos viños,
e por se iso fora pouco,
ten Santomé bos mariscos;
tres pobos tan axuntados
pola cultura e a historia,
que soio un se voltaron
e son os tres unha gloria.

Vexo a illa da Toxa
co frondoso piñeiral;
vexo as casiñas do Grove
reflectíndose no mar.
Mais alá queda a lanzada,
quenchema dera avistar,
mais os meus brazos doridos
cansáronse de bogar.

......------......

2 comentarios:

  1. Me encanta esta poesía, parece que estoy viendo lo que mi padre en ella describe.

    ResponderEliminar
  2. Es muy buena, la verdad es que me quedé muy sorprendido, no sabía esa faceta suya, un saludo Sergio, Yovana y Zoe.
    P.D, para Octubre tengo la boda de mi mejor amiga y tengó que escribirle algo en gallego para leerle a los novios, agradecería ayuda.

    ResponderEliminar