miércoles, 28 de julio de 2010

RETORNO

Arousa terra querida,
estou toliño damor...
Damor por tí bela ría,
borracha de auga e sol.
Arousa quéroche tanto,
non podo vivir sen tí...
Aínda me lembro do día
de cando marchei daquí;
da morriña que sentía
cando polo mundo andaba,
cando tan lonxe vivía,
cando de pena choraba.
Tamén me lembro do día
de cando por fin voltei,
tan toliño dalegría
que ata á terra biquei.

Fun ata ó monte buscando
os toxinos queu deixara,
e de paso fun mirando
os piñeiros queu prantara.
Mil perfumes remexidos
chegaron ós meus pulmóns:
De tomillo e de eucaliptos,
de arrayán e de piñóns,
de loureiros, anís, rosas,
da amarela flor dos toxos,
de tódolos arbustos nosos...
Dende o ourego ós restrollos.

Cantaron mil paxariños,
distintos cantos os mil,
cheos de gozo os probiños
saudando ó mes dabril;
brincando entra espesura
cos seus traxes irisados,
facían tales loucuras
que daba gloria miralos.
Vendo eu tales ledicias
extasiado me quedei...
¡Albricias!-dixen-¡Albricias!
Ete e o mundo queu soñei.

......------......

No hay comentarios:

Publicar un comentario